O cadro A derradeira leición do mestre poderá verse por vez primeira en Galicia

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/O cadro A derradeira leición do mestre poderá verse por vez primeira en Galicia

O cadro A derradeira leición do mestre poderá verse por vez primeira en Galicia

No último trimestre de 2018 poderá verse por vez primeira en Galicia unha das obras máis recoñecidas de Castelao. O cadro A derradeira leición do mestre viaxará ao noso país desde Arxentina, onde o pintou o rianxeiro, para facer parte dunha exposición sobre o seu autor na Cidade da Cultura de Galicia. Segundo explica a Consellaría de Cultura, o Centro Galicia de Bos Aires aceptou ceder de xeito temporal a obra logo dunha “longa negociación iniciada polo conselleiro Román Rodríguez na súa última viaxe a Arxentina”. Está previsto que o vindeiro mes de febreiro se asine o convenio que feche o préstamo. Mentres, técnicos da Consellaría están a ultimar os detalles técnicos do traslado e conservación deste óleo de dous metros de alto pintado en 1945.
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|