O Auditorio Mar de Vigo volve a mans do Concello

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/O Auditorio Mar de Vigo volve a mans do Concello

O Auditorio Mar de Vigo volve a mans do Concello

O goberno de Vigo adoptou o acordo de liquidar por 35,2 millóns a concesión de obra pública para a construción e explotación do Auditorio Pazo de Congresos e das súas zonas complementarias. A empresa concesionaria declarouse en concurso de acredores en 2016 e estaba en liquidación desde 2017, o administrador concursal estimara o valor de liquidación de todo o inmoble, que reúne o auditorio, hotel, aparcamento, oficinas da UNED, restaurante e baixos comerciais, en 74,5 millóns, pero o Concello encargou un informe independente a un auditor, que arroxa un importe de liquidación de 35,2 millóns de euros, explicou o alcalde. O goberno de Vigo prevé a venda dalgúns dos activos adquiridos, como por exemplo o hotel ou os baixos comerciais. Mentres que o alcalde asegurou que o auditorio cultural que se inaugurou en 2011 non será obxecto de venda e que dará beneficios pero non especificou se sairá a unha nova concesión ou será xestionado desde o Concello se ben asegura a propiedade pública do auditorio no futuro: “O espazo cultural é un ben público e o será sempre", dixo.<br>
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|