Novidades en Edicións Espiral Maior

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidades en Edicións Espiral Maior

Novidades en Edicións Espiral Maior

Recibo -e agradezo a xenerosidade- un apreciable número de novidades de Edicións Espiral Maior. Vaia aquí o meu recoñecemento por seguir a navegar nas augas da edición en lingua galega con propostas suxestivas que van desde o primeiro libro escrito en galego do berciano Juan Carlos Mestre –200 gramos de patacas tristes-, pasando por A desfeita, de Albert Camus, con tradución, edición e prólogo de Xosé Manuel Beiras (e epílogo de Roger Quillot) ata o ensaio do profesor e filósofo Miguel Ángel Martínez Quintanar titulado Cidadanías. Lecturas e meditacións de filosofía política.

No ámbito da poesía achégase tamén unha edición bilingüe catalán-galego do título Miradas que duran (Mirades que duren) de Àlex Susanna, cunha escolma, tradución e edición a cargo do profesor Luciano Rodríguez e prólogo de Jordi Llavina. Neste ronsel cómpre situar, asemade, cinco propostas poéticas galardoadas en diferentes premios literarios: As voces ágrafas, de Emma Pedreira; Prender os fachos, compoñer os ósos, de Carlos Da Aira; Á tarde. O desacougo, de Amauta Castro; As bicis, de Xabier Cid e, finalmente, Oracións profanas, de Xurxo Alonso.

Benvidas todas estas páxinas, benvidas todas estas autoras e autores. Beizón, Espiral Maior.









 

Source: Caderno da crítica

2020-01-07T23:06:54+00:00 07 / 01 / 2020|Caderno da crítica|