Novidades (192): José Gardeazabal e Patrícia Reis na colección “Confluências” de Faktoría K

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidades (192): José Gardeazabal e Patrícia Reis na colección “Confluências” de Faktoría K

Novidades (192): José Gardeazabal e Patrícia Reis na colección “Confluências” de Faktoría K

Estréase unha nova colección narrativa en Faktoría K de Libros que, baixo o epígrafe de “Confluências”, persegue estabelecer un punto de encontro ou, se se quere, unha ponte a través da literatura e das literaturas que se fan nas diversas linguas da península con traducións quer ao portugués quer ao castelán. Deste xeito xa apareceron dous títulos de escritores portugueses vertidos ao castelán como son Sobre las ruínas del mundo, de Patrícia Reis -de quen se recollera neste blog hai anos un extracto dunha interesante entrevista– e Medio hombre mitad ballena de José Gardeazabal, pseudónimo literario de José Tavares.

Ao mesmo tempo, xa comezaron a se distribuír en Portugal tres títulos, traducidos ao portugués, como son Sete casas en França, de Bernardo Atxaga; O último día da Terranova, de Manuel Rivas e mais As meninas-prodígio, da escritora Sabina Urraca.

O impulso das traducións como ese territorio que permite acceder a outras realidades literarias resulta sempre de agradecer. Feliz andaina para este proxecto.

 

9788416721344.jpg9788416721221.jpg

Source: Caderno da crítica

2019-07-11T09:14:55+00:00 11 / 07 / 2019|Caderno da crítica|