Novidade (94): O soño da serpe, de Antonio Seijas

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (94): O soño da serpe, de Antonio Seijas

Novidade (94): O soño da serpe, de Antonio Seijas

Recibe o Caderno da crítica a primeira novela de Antonio Seijas, historiador da arte, ilustrador, pintor e autor de banda deseñada. Neste caso, O soño da serpe, anúnciase segundo fontes editoriais como unha novela protagonizada por Luz, que “coñece unha muller en busca do seu pasado, e embarca con ela nunha aventura chea de misterio, soños, autocoñecemento e historias que se entrecruzan e das que será parte ata o fin, ao tempo que comproban que a natureza garda segredos impensables”. Alégrame esta chegada de Seijas á creación narrativa: benvido!

Source: Caderno da crítica

2019-02-21T12:30:17+00:00 21 / 02 / 2019|Caderno da crítica|