Novidade (84): Os largos e longos campos de liño azul, de Isaac Xubín

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (84): Os largos e longos campos de liño azul, de Isaac Xubín

Novidade (84): Os largos e longos campos de liño azul, de Isaac Xubín

O Caderno da crítica recibiu estes días a nova novela do escritor e tradutor Isaac Xubín. Trátase de Os largos e longos campos de liño azul, anunciada pola editorial Galaxia como unha proposta que abraza unha “estrutura fragmentaria e coral, un crebacabezas cuxas pezas van encaixando de a pouco e que discorren por camiños que a miúdo se bifurcan ou semellan pouco claros”. Sexa benvida esta nova chega de Xubín.

Source: Caderno da crítica

2019-02-13T09:24:50+00:00 13 / 02 / 2019|Caderno da crítica|