Novidade (67): A cámara do sangue e outros relatos, de Angela Carter

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (67): A cámara do sangue e outros relatos, de Angela Carter

Novidade (67): A cámara do sangue e outros relatos, de Angela Carter

Benvida esta tradución, espléndida ao que puiden ver, de María Reimóndez que chega hoxe ao Caderno da crítica. Trátase do suxestivo A cámara do sangue e outros relatos, da escritora Angela Carter, con prólogo de Emma Pedreira. Deixo aquí a información que subministra a propia editorial: <<unha antoloxía de relatos, dez contos tradicionais que xeración tras xeración mantivemos case intactos no noso maxín e que a xornalista inglesa Angela Carter reescribiu desde o seu estilo persoal, baseado en “descompoñer, desbotar as pezas sobrantes e recompoñer cun espírito crítico, sarcástico e feminista a tradición que xa tiñamos asumida”>>.

Source: Caderno da crítica

2019-01-09T20:38:22+00:00 09 / 01 / 2019|Caderno da crítica|