Novidade (40): Auga de varios ríos, de Luciano Rodríguez

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (40): Auga de varios ríos, de Luciano Rodríguez

Novidade (40): Auga de varios ríos, de Luciano Rodríguez

Medulia Editorial tráenos, nunha requintada edición, o título Auga de varios ríos, un libro do profesor Luciano Rodríguez, subtitulado “Poemas de segunda man, seguidos do texto orixinal”. Inspirado, ou ditado se cadra, pola experiencia docente do autor ao longo de trinta e oito anos velaquí trinta e oito poemas, en versión orixinal e a correspondencia galega, que foron empregados nas aulas de comentario de textos, de literatura e mais nas de tradución. Un libro que habitan voces como as de Safo de Lesbos, Cavafis, Jacques Brel, John Lennon, José Hierro, Aurora Luque,  Maria Àngels Anglada ou Lluís Llach, entre outras  e que lle dan carta de natureza aun libro senlleiro: un libro-río polo que flúe un manancial poético rico, vizoso e heteroxéneo. Un libro-río que constitúe, tamén, un “gracias a la vida” confesado e confeso.

Source: Caderno da crítica

2018-11-06T17:09:09+00:00 06 / 11 / 2018|Caderno da crítica|