Novidade (189): Vivir na fin do mundo, de Christina Lilliestierna

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (189): Vivir na fin do mundo, de Christina Lilliestierna

Novidade (189): Vivir na fin do mundo, de Christina Lilliestierna

CUB_vivirnafindomundo_webPor volta do ano 1983 Edicións Xerais publicaba, na colección Montes e Fontes, se non estou errado, un libro que abría certos camiños tanto no ámbito da tradución como no do xénero da crónica. Tratábase de Vivir na fin do mundo, da escritora sueca Christina Lilliestierna: un libro no que relataba a súa propia experiencia vital desde que decidiu radicarse nun pazo preto de Marín. O volume recupérase agora por Rinoceronte Editora cun novo limiar a cargo de Camiño Noia, quen subscribe a tradución revisada a carón de Marta Dahlgren. Ocupareime deste interesante libro ao longo deste verán.

Source: Caderno da crítica

2019-07-10T14:01:06+00:00 10 / 07 / 2019|Caderno da crítica|