Novidade (183): Aquí pasa algo raro, de Susana Guzner

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (183): Aquí pasa algo raro, de Susana Guzner

Novidade (183): Aquí pasa algo raro, de Susana Guzner

cubierta aquí pasa algi raro.inddCelebra o Caderno da crítica a publicación de Aquí pasa algo raro, unha novela da escritora arxentina Susana Guzner. Incorporo aquí a nota promocional desta proposta para quen lle poida interesar:

“Unha executiva madrileña, Aurora  Barragán, viaxa a Las Palmas de Gran Canaria na súa quincena de vacacións. Muller máis ben impávida, de carácter racional e equilibrado, a pouco de chegar e como consecuencia dun inusitado cúmulo de malentendidos é recoñecida como unha dos seus polos integrantes dunha mafia internacional que trafica con inmigrantes, amplamente buscada pola INTERPOL. Por mor desta circunstancia fatídica, a pacífica Aurora deberá afrontar un vórtice de acontecementos rocambolescos que poñerán en perigo a súa vida”. Nela, engádese,  “conviven dous xéneros raramente  emparentados: a novela negra de rigorosa formulación e a de humor coral. Xogando con numerosos personaxes de distintas nacionalidades, caracteres e obxectivos, a narración seduce tanto pola solidez da historia como polo seu ritmo vibrante e intenso con escenas  hilarantes que se suceden sen tregua”. Moita sorte!

Source: Caderno da crítica

2019-06-27T16:58:23+00:00 27 / 06 / 2019|Caderno da crítica|