Novidade (168): Versos e viceversos, de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (168): Versos e viceversos, de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos

Novidade (168): Versos e viceversos, de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos

page_1_thumb_largeEdita Kalandraka un libro de poesía escrito a catro mans, isto é, coas mans de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos e que adquire forma en Versos e viceversos. Unha espléndida edición, con ilustracións de Juan Ramón Alonso, e un prólogo de Antonio Rubio en que adxectiva os dous poetas como “malabaristas de versos (e viceversos) e “artesáns da palabra”. En efecto: velaquí un libro senlleiro onde dúas grandes voces se mestizan felizmente, nun diálogo intercultural e multiestético, para ofrecernos unha polifonía poética que cómpre non ignorar.

Source: Caderno da crítica

2019-06-07T12:45:54+00:00 07 / 06 / 2019|Caderno da crítica|