Novidade (16): Cartas das Heroínas, de Ovidio

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (16): Cartas das Heroínas, de Ovidio

Novidade (16): Cartas das Heroínas, de Ovidio

A colección Vétera, de Rinoceronte Editora, comeza a distribuír estes días Cartas das Heroínas de Ovidio, nunha tradución realizada desde o latín por Margarita Fernández Gómez. Velaquí a nota informativa editorial:

Cartas das Heroínas de Ovidio, traducida do latín ao galego por primeira vez, consiste nunha colección epistolar en verso. En total, son 21 cartas de amor escritas e dirixidas aos seus amados polos personaxes femininos da mitoloxía e a literatura, nas que se abordan o olvido, a distancia, o abandono ou a perda.

As Cartas das Heroínas constitúen unha obra peculiar dentro da produción do vate. Preceden inmediatamente a triloxía Amores, Remedia amoris Medicamina faciei femineae (Afeites para o rostro da muller), e retoman a súa esencia nas Tristia (Tristes) e nas Epistulae ex Ponto (Pónticas).

Esta obra presenta dúas características que poderiamos emparellar coas devanditas obras: o protagonismo da mitoloxía e a súplica polo regreso.

Source: Caderno da crítica

2018-09-20T16:01:21+00:00 20 / 09 / 2018|Caderno da crítica|