Novidade (140): A guerra dos botóns, de Louis Pergaud

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (140): A guerra dos botóns, de Louis Pergaud

Novidade (140): A guerra dos botóns, de Louis Pergaud

XG00299201En tradución de Mercedes Isabel Martínez Rodríguez e Xoán Manuel Garrido Vilariño, Edicións Xerais publica un clásico da literatura xuvenil de todos os tempos como é A guerra dos botóns, de Louis Pergaud, talvez máis coñecida entre nós polas numerosas versións cinematógraficas que se fixeron desta proposta narrativa.

O libro, publicado orixinalmente hai máis de cen anos deseña un mundo xa desaparecido mais o deseño das actitudes e dos valores que defenden algúns dos seus novos protagonistas talvez non tanto.

Source: Caderno da crítica

2019-04-16T20:03:42+00:00 16 / 04 / 2019|Caderno da crítica|