Novidade (139): A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira), de Francisco Rodríguez Pastoriza

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (139): A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira), de Francisco Rodríguez Pastoriza

Novidade (139): A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira), de Francisco Rodríguez Pastoriza

i959_336Hai anos, consultando prensa histórica galega, aparecía con frecuencia a brillante e polifacética sinatura de Johan Carballeira. De aí a miña satisfacción ao constatar como neste libro titulado A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira) se compila e estuda boa parte da súa produción no xornalismo de opinión e noutros ámbitos, nunha coidada edición a cargo de Francisco Rodríguez Pastoriza.

A súa figura, como último alcalde republicano de Bueu fusilado en abril de 1937, proxéctase como é sabido a outros ámbitos como o de creador poético, mais nesta ocasión  recupéranse e contextualízanse os máis dos seus traballos xornalísticos que viron a luz en xornais e revistas, clasificados con utilidade por bloques temáticos e ordenados cronoloxicamente. Un libro do que cumprirá ocuparse con máis vagar e que entendo como unha feliz achega.

Source: Caderno da crítica

2019-04-16T08:55:01+00:00 16 / 04 / 2019|Caderno da crítica|