Novidade (137): A utopía que diluíu o vento, de Suso Díaz

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (137): A utopía que diluíu o vento, de Suso Díaz

Novidade (137): A utopía que diluíu o vento, de Suso Díaz

A-utopía-que-diluíu...Festexa o Caderno da crítica a aparición, en forma de libro, dun proxecto que Suso Díaz desenvolveu durante algún tempo como era o de dedicar un libro de poemas propios a ese territorio tan mal coñecido como é o Couto Mixto. Velaquí, así pois, este A utopía que diluíu o vento, prologado por Xosé Luís Méndez Ferrín e publicado por Edicións Positivas.  Santiago, Rubiás e Meaus, eses tres lugares do Couto Mixto, cobran agora nova entidade para alumear a memoria do autor, memoria persoal e comunal, e para proxectala aquí e agora. Benvido este libro arraiano que cumprirá ler devagar.

Source: Caderno da crítica

2019-04-13T13:10:39+00:00 13 / 04 / 2019|Caderno da crítica|