Novidade (135): Libro de emblemas, de Andrea Alciato

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (135): Libro de emblemas, de Andrea Alciato

Novidade (135): Libro de emblemas, de Andrea Alciato

CUB_EMBLEMAS_web.jpgSegue, a un ritmo envexable, a edición de libros anteriores ao século XIX, especialmente literatura clásica e universal, que acolle a editora Rinoceronte no seo da serie “Vétera“, dirixida por Raúl Gómez Pato.

Nesta ocasión tráese para o galego o Libro de emblemas, de Andrea Alciato, con tradución, introdución e notas -verdadeiramente tan interesantes ou máis que o texto traducido- do propio Gómez Pato. Moi recomendable para entender a mentalidade do Renacemento e do Barroco ao tempo que exemplifica a fusión de diversas artes.

Source: Caderno da crítica

2019-04-11T22:21:05+00:00 11 / 04 / 2019|Caderno da crítica|