Novidade (112): Pasando as follas do tempo. Antoloxía poética (1987-2017), de Antonio García Teijeiro

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (112): Pasando as follas do tempo. Antoloxía poética (1987-2017), de Antonio García Teijeiro

Novidade (112): Pasando as follas do tempo. Antoloxía poética (1987-2017), de Antonio García Teijeiro

Neste Día da Poesía asómase a esta sección de novidades o volume que recolle unha apreciable escolma do traballo poético para público adulto que o meu prezado Antonio García Teijeiro veu publicando desde finais dos anos oitenta ata a actualidade, alén de incluír un caderno poético inédito baixo o título de “Faragullas de luz”.

Titulado Pasando as follas do tempo, conta con pinturas de Xulio G. Rivas, unha selección de poemas baixo a responsabilidade de María Jesús Fernández e Alba Piñeiro e un prólogo, de lectura obrigada, a cargo de Juan Carlos Martín Ramos. Todo por xunto nunha fermosa e atractiva edición do selo Belagua. O Caderno da crítica festexa esta aparición da que se ocupará, co vagar preciso, máis adiante.

Source: Caderno da crítica

2019-03-21T13:01:53+00:00 21 / 03 / 2019|Caderno da crítica|