Novidade (108): Feliz Idade, de Olga Novo

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (108): Feliz Idade, de Olga Novo

Novidade (108): Feliz Idade, de Olga Novo

Desde Cráter (2001) non publicaba Olga Novo un libro de poemas. Chega agora, no seo da colección Tambo de Faktoría K  de Libros, o título Feliz IdadeO Caderno da crítica agradece esta presenza porque a poeta d´A Pobra do Brollón sempre foi unha voz aquí moi apreciada. Non é difícil sospeitar, folleando algún poema, que este será, é xa, un libro clave para a poesía galega desta década. Deixo aquí, emprestados, tan só tres versos do poema “Tríscele”:

Eramos tres: meu pai, eu e a vida.

Eramos tres: meu pai, eu e a agonía.

Eramos tres: meu pai, eu, e o meu amor que viña.

Source: Caderno da crítica

2019-03-11T18:59:24+00:00 11 / 03 / 2019|Caderno da crítica|