Novidade (106): Im-pulsos creativos. Canles alternativas de creación contemporánea, de Aránzazu Pérez Indaverea e Lucía Romaní (coord.)

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Novidade (106): Im-pulsos creativos. Canles alternativas de creación contemporánea, de Aránzazu Pérez Indaverea e Lucía Romaní (coord.)

Novidade (106): Im-pulsos creativos. Canles alternativas de creación contemporánea, de Aránzazu Pérez Indaverea e Lucía Romaní (coord.)

Axóuxere pon en circulación, con prólogo de Miguel Anxo Rodríguez González e Federico López Silvestre,  o título Im-pulsos creativos. Canles alternativas de creación contemporánea, coordinado por Aránzazu Pérez Indaverea e Lucía Romaní que inclúe once ensaios, segundo fontes editoriais, “que nos achegan a experiencias e pensamentos doutros tantos proxectos de creación e xestión cultural que maioritariamente evolucionan ás marxes da institución, converténdose en formas de resistencia, tanto polo seu modo de operar como pola súa reflexión teórica e política, sempre lucidamente crítica”. Sexa benvido.

Source: Caderno da crítica

2019-03-10T20:20:08+00:00 10 / 03 / 2019|Caderno da crítica|