Novembro: Recomenda autoras

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/Novembro: Recomenda autoras

Novembro: Recomenda autoras

O blog Palabra de Gatsby vén de lanzar unha iniciativa para aproveitar este mes de novembro para denunciar a menor visibilidade que teñen as escritoras polo feito de seren mulleres. A fin da proposta é clara: “A literatura non é un eido alleo ao proceso de invisibilidade e desvalorización que sofre calquera exercicio artístico como laboral da muller. O obxectivo desta iniciativa é darlle visibilidade á obra literaria mediante recomendacións dos lectores do meu blogue”. Para iso, lectoras de Palabra de Gatsby recomendan obras doutras autoras. Na bitácora pódense ver xa os primeiros 45 libros recomendados.

Source: Letra en Obras

2017-11-16T10:50:56+00:00 16 / 11 / 2017|Letra en Obras|