¡No quiero el cabello rizado!

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/¡No quiero el cabello rizado!

¡No quiero el cabello rizado!

Precioso álbum ilustrado de Laura Ellen Anderson publicado por Picarona: ¡No quiero el cabello rizado! lémbrame sobre todo unha alumna que sempre tenta alisar ese marabilloso pelo cheo de caracolas que ten. A protagonista tenta de todo para estirar o seu cabelo… ata que coñece unha nena que ten o pelo liso e pásalle o mesmo ca a ela, non se gusta a si mesma nin lle gusta o seu pelo. A aceptación dunha mesma ou dun mesmo é a fin do libro, con poucas palabras, con ilustracións super-expresivas e con moito humor. É un álbum delicioso que se le cun sorriso constante.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2018-04-18T22:40:00+00:00 18 / 04 / 2018|Trafegando ronseis|