No está solo

No está solo

Descubrindo autores de novela negra cheguei a este e con el quedei: papeime os seus dous libros aproveitando a miña gripe. Máis ben, era imposible dixar de ler. E agora que rematei o segundo que ganas me quedan de que chegue o terceiro! 

Falo de Sandrone Dazieri, publicado por Alfaguara. O primeiro libro titúlase No está solo, e pareceume boísimo, cheo de tensión dende o primeiro momento ata o último, con golpes de efecto totalmente inesperados tamén ao longo de todo o libro. Flashbacks, xiros… todo conleva unha lectura intensa e mortífera pola tensión que nos provoca.
Realmente ben conseguida a parella protagonista, seres traumatizados que foxen aínda así dos arquetipos e que nos fascinan inmediatamente. Son deses protagonistas cos que queres seguir, e mañá falareivos da segunda entrega. Eles dous son os piares das novelas, pero non o é menos o argumento e os outros personaxes que pululan nas súas páxinas.
Déixovos, porque teño que rematar a segunda. Mañá seguimos.



Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-02-07T21:23:00+00:00 07 / 02 / 2019|Trafegando ronseis|