Nace o I Premio María Victoria Moreno

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/Nace o I Premio María Victoria Moreno

Nace o I Premio María Victoria Moreno

O Concello de Pontevedra e mais Urco Editora presentaron onte a convocatoria da I Edición do Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. O novo certame, dotado con 4.000 euros e a publicación da obra da man de Urco, fallarase durante a celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, e está aberto a textos cunha extensión máxima de 250.000 caracteres. Con esta iniciativa as entidades organizadoras queren homenaxear a autora á que se lle dedica o Día das Letras neste 2018. O prazo de presentación está aberto ata o vindeiro 28 de febreiro.<br>En paralelo, Edicións Xerais anunciou a edición dun cartel dedicado a autora. O pintor Fino Lorenzo corre coa representación de María Victoria Moreno nun traballo que recolle tamén as obras da homanexeada que están publicadas por esta editorial.
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|