Nace o Galician Freaky Film Festival de Vigo

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/Nace o Galician Freaky Film Festival de Vigo

Nace o Galician Freaky Film Festival de Vigo

O arbusto con forma de dinosauro, o “dinoseto”, da Porta do Sol, en Vigo, é o lugar escollido para a presentación en sociedade mañá ás 12 do primeiro Galician Freaky Film Festival. A Asociación Cultural Reencanto Produccións, organizadora do Primavera do Cine en Vigo ocúpese tamén deste novo evento sobre cinema e cultura freak de orixe galega que se celebrará en Vigo os vindeiros 21, 22 e 23 de decembro.
Este primeiro festival que pretende revolucionar a cidade de Vigo ofrecerá nos seus tres días a proxección de máis de 20 pezas audiovisuais galegas, entre curtametraxes e longametraxes, e tamén diversas charlas cos autores das obras. No Urban market Progreso 41 inaugurarase un espazo único para a ocasión, onde ser levarán a a cabo as proxeccións. Unha parte moi importante do evento está composto polos actos paralelos. Por iso, ademáis dunha performance que se fará na rúa do Príncipe, tamén haberá varias sorpresas e dous concertos a cargo de Mad Martin Trio, que actuará o venres 22 no Transilvania e Igmig que tocará no fin de festa deste festival o sábado 23 no Mogambo. Desde a organización aseguran que o Galician Freaky Film Festival quere reivindicar “o freakismo galego que comezou nos anos 90 coa Movida viguesa de Siniestro Total e Os Resentidos e con filmes como A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos. Continuou co rock bravú de Heredeiros da Crus e se consolidou co Xabarín Club, grazas o que toda unha xeración coñeceu o anime”. Mañá darán a coñecer o cartel ao detalle.
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|