Nace Edicións do Peirao, un proxecto que arela ser un “trampolín” de autores

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/Nace Edicións do Peirao, un proxecto que arela ser un “trampolín” de autores

Nace Edicións do Peirao, un proxecto que arela ser un “trampolín” de autores

Borja F. Caamaño

Este verán, que xa logo remata, trouxo un novo parto no mundo editorial: Edicións do Peirao. Aínda que con base en Compostela, o novo proxecto empresarial está impulsado por dous coruñeses, Borja F. Caamaño e Miguel Anxo Villar Pinto, que, ademais de dedicarse á escrita, tamén teñen experiencia no mundo da edición en castelán (Tandaia).

Dende Letra en Obras quixemos saber algo máis dunha nova aposta dirixida aos lectores de literatura en lingua galega. Segundo Borja F. Caamaño, a razón ten que ver con que despois de experiencias noutros proxectos editoriais a nivel estatal agora “pareceunos un paso lóxico mirar cara dentro, cara ás nosas orixes, en busca de pór en práctica o aprendido coa vantaxe, ao centrarnos só en Galicia, de poder estar moito máis enriba dos procesos”.

Dende Edicións do Peirao afirman que o seu obxectivo é “exercer de editorial trampolín para

Villar Pinto

tantas autoras que non acaban de atopar a oportunidade de ver as súas obras editadas en papel. Non deixaremos de lado porén a tantas outras que, con dilatados currículos literarios, busquen un trato máis próximo do que poidan ofrecer as grandes editoriais xeralistas”.

Mentres tanto, como carta de presentación, dende Edicións do Peirao veñen de convocar un premio de novela que está aberto ata o 29 de setembro. Buscan orixinais cunha extensión mínima de 120 folios. O premio consiste na publicación da obra. Podedes ver aquí as bases completas.

 

Source: Letra en Obras

2017-09-14T09:41:28+00:00 14 / 09 / 2017|Letra en Obras|