NA COMPAÑA DE… PACO IBÁÑEZ. Sección de Antonio G. Teijeiro no CÍES Podcast

Inicio/INFORMACIÓN/Versos e aloumiños/NA COMPAÑA DE… PACO IBÁÑEZ. Sección de Antonio G. Teijeiro no CÍES Podcast

NA COMPAÑA DE… PACO IBÁÑEZ. Sección de Antonio G. Teijeiro no CÍES Podcast

Antonio García Teijeiro ten nomeado en máis dunha ocasión a Paco Ibáñez como un dos seus mellores profesores de literatura e quen lle abriu as portas da poesía. Pode comprenderse con facilidade, entón, o moito que para el supón a amizade que, dende xa hai ben tempo, o vencella ao gran trovador, Desta amizade, precisamente, falou Antonio hai unhas semanas na súa colaboración mensual no CÍES Podcast de Rafa Valero e Guada Guerra. Esta nova entrega da sección Na compaña de… é unha homenaxe á figura de Paco Ibáñez dende a emoción e o amor pola música e a poesía, inseparables na obra de Paco. Se vos interesa, podedes escoitar a Antonio nesta ligazón, a partir do minuto 22.


Source: Versos e Aloumiños

2020-03-02T17:54:00+00:00 02 / 03 / 2020|Versos e aloumiños|