Mesa redonda «Literatura e cidade: o caso de Vigo»

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Mesa redonda «Literatura e cidade: o caso de Vigo»

Mesa redonda «Literatura e cidade: o caso de Vigo»

Literatura e cidade. (2)

O colectivo Pertenza solicitoume presentar e moderar unha mesa redonda que se celebrará o vindeiro xoves, día 21 de novembro, ás 19:30, baixo o título de «Literatura e cidade: o caso de Vigo» nese espazo magnífico que é a Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo [EMAO], situado na rúa García Barbón, nº 5.

Falarase de literatura, claro é, e da cidade de Vigo como protagonista ou pano de fondo de novelas contemporáneas -e non tanto- a través do punto de vista de dous escritores como son Manuel Esteban -autor das novelas A ira dos mansos, Premio Xerais de narrativa, 2016 e O meu nome é Ninguén (Xerais, 2018)- e Beto Luaces, autor de Vicvs. Un lugar do común (Bolanda, 2017) e Vicvs. Un lugar aquelado (Bolanda, 2019).

Será un pracer vervos alí.

Source: Caderno da crítica

2019-11-16T09:34:14+00:00 16 / 11 / 2019|Caderno da crítica|