Memoria de Xosé Carlos Gómez Alfaro

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Memoria de Xosé Carlos Gómez Alfaro

Memoria de Xosé Carlos Gómez Alfaro

Un amigo faime chegar esa publicación, sospeito que non venal, que recolle a declaración oficial do poeta ribeirao de nación e guardés de adopción, falecido prematuramente en 2008, como Fillo Adoptivo de A Guarda, algo que sen dúbida honra á institución municipal. O opúsculo, editado polo propio concello, inclúe diversa documentación oficial, un prólogo de Antonio Lomba, outro subscrito pola imprenta da publicación e varios artigos de interese a cargo de Ricardo Rodríguez Vicente, Joaquín Miguel Villa, Gregorio Ferreiro Fente, o Padre Airas e Xesús Alonso Montero, alén dunha breve “Escolma poética” do autor.

Gustoume ter nas mans esta modesta pero valiosa publicación porque me trouxo á memoria a  Gómez Alfaro: un extraordinario poeta, a quen lembrei hai uns meses na Guarda, que me honrou coa súa amizade e que tamén me honrou ao solicitarme que dispuxese un limiar ao seu libro Confíteor, que publicou Sabino Torres naquel benemérito selo que foi Litoral das Rías e que presentamos, un serán fermoso do ano 2005, na vila da Guarda, o autor, Sabino Torres, o profesor Alonso Montero, Celso Rodríguez e quen isto escribe. Confíteor, sen dúbida, foi un libro moi singular que harmonizaba poesía de corte reivindicativo con outra de filiación relixiosa e que viña da man de alguén que manexaba os recursos compositivos con mestría. Quede aquí esta breve memoria de Xosé Carlos Gómez Alfaro.

Source: Caderno da crítica

2019-02-09T19:06:24+00:00 09 / 02 / 2019|Caderno da crítica|