Medio pan e un libro, de Federico García Lorca (edición tetralingüe)

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Medio pan e un libro, de Federico García Lorca (edición tetralingüe)

Medio pan e un libro, de Federico García Lorca (edición tetralingüe)

portada.inddFederico García Lorca

Medio pan e un libro (edición tetralingüe)

Kalandraka, Pontevedra, 128 páxinas, 9 €, 2020

 

Extraordinaria iniciativa esta que nos presenta Kalandraka consistente en traer ao galego, da man dun lorquiano convicto e confeso como é o editor e escritor Henrique Alvarellos, este imperecedoiro discurso titulado Medio pan e un libro. Versionado tamén ao éuscaro e catalán grazas, respectivamente, a Juan Luis Zabala e Miquel Desclot, alén de incluír a versión orixinal en castelán, trátase dun memorable discurso de Federico García Lorca na apertura da biblioteca, a primeira biblioteca, de Fuente Vaqueros en setembro de 1931.

Conmove ler as palabras do poeta granadino por moitas razóns. Detrás da evidente emoción dun autor que asiste á inauguración da biblioteca pública do seu lugar de nacemento, detrás do deseño sintético e efectivo da historia do libro na humanidade e do libro considerado como símbolo do coñecemento e da liberdade do ser humano, detrás da argumentada defensa do valores que encerra a lectura, percíbese o entusiasmo irrefreable dun novo tempo que se estreara había pouco e que era o da República. Grande, García Lorca, sempre.

Source: Caderno da crítica

2020-02-11T20:06:22+00:00 11 / 02 / 2020|Caderno da crítica|