Manuel Bragado deixa Xerais

Manuel Bragado deixa Xerais

É a noticia do día. Onte sóubose que Manuel Bragado deixaba de capitanear o buque insignia da edición en galego: Edicións Xerais de Galicia. Faino tras 24 anos á súa fronte, 28 dedicado á editorial. É imposíbel escribir a crónica das tres últimas décadas do libro galego sen contar co nome de Manuel Bragado. De feito foi el o primeiro en dar a boavinda a esta Ferradura que, co peche de Blogaliza, tamén está dando ás últimas bocaladas. Desde aquí queremos desexar a Manuel Bragado a mellor das sortes nesta nova vida que comeza como mestre, colectivo ao que sempre pertenceu. E tamén a mellor das sortes aos donos, Anaya, Hachette, á hora de escoller un novo capitán para Edicións Xerais de Galicia. Sen dúbida seguirá sendo un dos mellores coñecedores do libro galego e continuaremos contando coa súa inestimábel experiencia, mais o mundo editorial galego non será o mesmo sen el.

Source: ferradura en tránsito

2018-04-13T16:39:05+00:00 13 / 04 / 2018|Ferradura en tránsito|