Man de Camelle

Man de Camelle

Impresionante este álbum sen palabras que Kalandraka pon nas nosas mans co título Man de Camelle de Carmen Hermo, fermosísima homenaxe a Manfred Gnädinger. Debuxos a lapis que nos achegan a biografía dese home namorado da nosa costa que non puido resistir a tristura de ver como era esnaquizada pola marea negra.
Un deses libros para saborear pouco a pouco, para lembrar quen somos e que o respecto e a arte camiñan da man se os deixamos.


Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2018-12-04T00:07:00+00:00 04 / 12 / 2018|Trafegando ronseis|