Lucecús teatro aposta pola ciencia-ficción en Logos

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/Lucecús teatro aposta pola ciencia-ficción en Logos

Lucecús teatro aposta pola ciencia-ficción en Logos

Como “un xogo cósmico de revisión posmoderna do mito de Prometeo, ambientada nun futuro distópico” presenta a compañía Lucecús Teatro a súa nova montaxe, Logos. A obra, que parte dun texto de Anxo Manoel e dirixe Santiago Cortegoso conta a historia de Nomi e Clin, “dúas das pezas máis baixas da engrenaxe do sistema” que “viven cómodamente nun mundo no que todo aquel que nel habita ten traballo, come, ten cobertura sanitaria…etc. Aparentemente todo funciona á perfección, pero Nomi descubre que non son libres de facer aquilo que queiran facer, que só uns elixidos poden e que o destino da maior parte da poboación, é desaparecer para que o mundo quede nas mans da elite”. O contacto cun novo personaxe, Promo, “criadcriado e educado para herdar as rendas do poder” fará que os tres tenten cambiar a situación. O auditorio de Rianxo acolle esta noite, a partir das 20:30 horas, a estrea da obra, que ten a súa seguinte cita no Auditorio Gustavo Freire de Lugo este domingo 21 á mesma hora.
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|