Los colores del incendio

Los colores del incendio

Pierre Lemaitre vólveo conseguir con Los colores del incendio publicado por Salamandra: unha novela áxil, divertida, vingativa, misteriosa… de todo hai, conseguindo atrapar o lectorado sen deixar que, de fondo, haxa unha perspicaz análise de personaxes e situacións. Asemade, o autor conta cunha boa dose de documentación que nos leva a lugares case descoñecidos e feitos aínda máis afastados (como é o petróleo rumano). Polas súas páxinas percorreremos o auxe do nazismo, as ditaduras europeas, e sobre todo o papel da muller nunha sociedade patriarcal que non se cuestionaba outra forma de entender a vida; tamén saberemos da corrupción política francesa (non ía existir só en España!), as folgas obreiras e mesmo da caída da Bolsa dos Estados Unidos. E gozaremos coa vinganza dunha muller que aprenderá nun mundo masculino a loitar por si soa.
En fin, un novo acerto deste autor que tantas boas horas me ten reagalado.



Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-05-13T21:56:00+00:00 13 / 05 / 2019|Trafegando ronseis|