Liñas compartidas

Liñas compartidas

Cartel LIÑAS COMPARTIDAS (2)VV.AA.

Liñas compartidas

Toxosoutos, 420 páxinas, 22 €, Noia, 2019.

 

Hai proxectos fermosos, e ilusionantes, que merecen unha maior visibilidade da que se lles adoita outorgar. Creo que é este o caso de Liñas compartidas, unha publicación que Toxosoutos pon estes días en circulación e que é resultado do traballo realizado polas  persoas participantes nun Obradoiro de Escrita Creativa de Rianxo, organizado pola AELG, co patrocinio da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia e para o que contou coa colaboración do propio concello.

Antón Riveiro Coello foi o coordinador deste Obradoiro que tamén prologa  cun texto fermoso titulado “Aprender a bailar”.Afirma aí que o oficio da escrita “pode aprenderse, o que non se pode aprender é o talento, que só se pode alimentar”. Alimentou ben o talento Antón Riveiro neste libro que xunta voces de moi diferentes idades e perspectivas a ofreceren, sospeito que en moitos casos, os seus primeiros textos individuais e, ao tempo, outros relatos feitos a varias mans. O Caderno da crítica dálle a  súa cálida benvida a este libro: vinte e dúas novas voces que constitúen unha valiosa canteira para a nosa literatura. Velaquí, que menos, os seus nomes: Aida Barros Ces, Ana Belén Noya Ordóñez, Antón Nuñez Millán, Begoña Miguéns García, Carlos Descalzo Ferradáns, Carme Toba Trillo, Carmen de Milmanda, Iria Figueira Villanustre, Luís Miguel Ramos Silva, Marina Losada Vicente, Mauricia Ces Quintáns, Moisés Suárez Abel, Mónica González Alonso, Natividad Rey Ordóñez,  Nela Valado, Noelia Toledano, Óscar Reboiras Loureiro, Pepa Martínez Vicente, Ramiro Ouviña Ouviña, Rebeca R. Viturro, Rita Sánchez Dosil e Uxía Otero Dios. Toda a sorte do mundo para estas novas voces.

Source: Caderno da crítica

2019-05-15T17:56:11+00:00 15 / 05 / 2019|Caderno da crítica|