LENDO LENDAS DIGO VERSOS ENTRA A FORMAR PARTE DA LISTA DE HONRA DO IBBY

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Criaturas/LENDO LENDAS DIGO VERSOS ENTRA A FORMAR PARTE DA LISTA DE HONRA DO IBBY

LENDO LENDAS DIGO VERSOS ENTRA A FORMAR PARTE DA LISTA DE HONRA DO IBBY

A través das súas Seccións Nacionais, a prestixiosa Lista de Honra do Ibby selecciona con carácter bianual os libros máis significativos publicados no mundo en tres categorías: obra literaria, obra ilustrada e obra traducida. Os títulos escollidos entran a formar parte dun catálogo e dunha exposición que percorre diferentes países, contando así cunha grande divulgación e visibilidade.

A OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil), seleccionou catro títulos na modalidade de obra literaria, un por cada unha das linguas oficiais do Estado. A obra seleccionada en galego resultou ser Lendo lendas digo versos (Edicións Xerais, 2016), libro escrito por Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, e ilustrado por Xosé Cobas. Desde Criaturas alegrámonos do éxito deste libro tan singular, que cabalga do lendario ao poético, e que agora inicia un fermoso periplo. Os nosos parabéns aos autores por este merecido recoñecemento.

Así mesmo tamén celebramos a presenza nesa lista de dúas editoras do país como son Sushi Books e Kalandraka, quen aparece por partida dobre.

LISTA DE HONRA DO IBBY 2016-2017

 OBRA LITERARIA

 Los fantasmas del paraíso,  Alfredo Gómez Cerdá.  Ediciones SM, 2015

Un fill, Alejandro Palomas. La Galera, 2014

Zer demontre dago aulkien azpian?, Harkaitz Cano. Pamiela, 2016

Lendo lendas, digo versos, Antonio Garcia Teijeiro e Antonio García Reigosa. Xerais,  2016.

OBRA TRADUCIDA

 Historias para todo el año. Trad. Xohana Bastida Calvo. Ediciones SM, 2017

Un clot és per cavar-hi. Primer llibre de definicions.  Trad. Miquel Desclot .Kalandraka, 2016

Oz-eko azti harrigarria.  Trad. Juan Kruz Igerabide Denonartean, 2015

Botchan.  Trad. Mona Imai.  Sushi Books, 2016

OBRA ILUSTRADA


Después de la lluvia, Ilustraciones de Miguel Cerro. (Ed. Kalandraka, 2015).
Después de la lluvia, Miguel Cerro. Kalandraka, 2015)

_visd_0001JPG08VC4

Source: Criaturas

2017-07-14T08:45:20+00:00 14 / 07 / 2017|Criaturas|