La selva tropical

La selva tropical

Prado Riveiro, Ana (2008), La Selva Tropical, ilustr. Alena Emilova, Daniel Alonso, ilustr. das cubertas Mr. C Idea studio, Madrid: Santillana Ediciones Generales, Col. Libros para jugar,
[8pp.] (ISBN:978-84-03-09829-9).
                                                         Resultado de imagen de la selva tropical, libros para jugar
Breve descrición do formato e contido da obra: Libro pop-up en cartoné ilustrado, despregable en 3D, con encadernación de tapa dura e que dispón de peche lateral, con dúas cintas de raso. O seu tamaño é de 32×26 cm, inclúe unha lámina para desprender diferentes persoaxes e figuras da selva, e cando xa están desprendidos, poderán ser gardados nun sobre con solapa que contén outra das súas páxinas, como se indica: “debaixo da pranta xigante”. Unha vez aberto o libro e despois de poder ler unha primeira carta destinada ó lector, onde se lle dan varios consellos e indicacións para poder continuar coa aventura, atopamos a páxina que contén a carpeta portafiguras, e a partires de ahí…o libro se transforma nunha frondosa selva tropical 3D, con prantas, frores e animais, tamén en 3D.

Na cuberta podemos observar unha gran escea da selva, con varios animais salvaxes debuxados con cores vivas, onde destaca como non podería ser doutra maneira, a cor verde das grandes follas. Na parte superior atópase o título do libro en cor negra, cun grande S en cor verde, e na marxen superior dereita, unha referencia á colección á que pertence este volume: Libros para xogar. Na contracuberta complétase esa imaxe da paisaxe tropical cunha fermosa fervenza e unha misteriosa edificación ó fondo. Na parte superior inclúese un pequeno resumo a modo de guía que nos anima a adentrarnos no interior desta aventura que está por descubrir.

      Resultado de imagen de la selva tropical, libros para jugar

Os lectores que se adentren nas súas páxinas, poderán experimentar todo tipo de sorpresas, no interior desta misteriosa xungla atestada de frores exóticas e prantas, pola que se mesturan feros animais, atrevidos exploradores e na que non falta un gran río pragado de crocodilos. Ingredientes suficientes para que os máis intrépidos se animen a embarcar nunha viaxe apaixoante que lles descobrerá novos escearios en tres dimensións.

           Resultado de imagen de la selva tropical, libros para jugar     Resultado de imagen de la selva tropical, libros para jugar

A colección á que pertence este libro, leva por nome: Libros para xogar. Vive unha aventura é unha colección desenvolta pola editorial Santillana e está composta por 10 volumes de gran formato, divididos en catro grupos ben diferenciados: edificios, natureza, diversión e viaxe. Como nexo de unión, tódolos libros comezan cun pequeno relato por medio do cal cada protagonista se dirixe ó lector, adiantándolle as paisaxes que van visitar e animándoo a participar na aventura, inclúe unha páxina como xa comentamos, con persoaxes ou obxectos troquelados, cos que se pode desenvolver a historia nun esceario tridimensional, e que poderán ser almacenados nun sobre, cuio aspecto se adapta a cada ambiente. O total de títulos que podemos atopar son:
1- La selva tropical 
2- El circo 
3- El fondo del mar 
4- El parque de atracciones 
5- El interior de la tierra 
6- El valle de los dinosaurios 
7- La casa encantada 
8- La granja 
9- El viaje por el cielo 
10- El castillo medieval
Potencialidades:  Libros coma este tratan de cubrir as posibles aficións dos lectores.Os elementos interactivos cos que os nenos poden xogar neste libro pop-up, se convirten en parte fundamental de cada volume. En cada caso, cando se desplega o pop-up, aparecen portas e fiestras que se abren e pechan, escaleiras que se extenden ou plegan e trampillas e pestanas tra-las que se ocultan algúns persoaxes, cuio paradeiro deberá descubrir o lector, quen, nalgún caso tamén terá que montar certas pezas. Coa imaxinación, cada neno e nena que interactúe con este exemplar, poderá experimentar unha historia diferente cada vez que o colla nas súas mans. A liberdade para estructurar o fío, o nó e o desenlace é completamente libre. Por outra banda, podemos empregar este libro-xogo para poder compartir en familia, cos amigos ou ben na escola entre varios colaboradores.

Temas que podemos traballar a partir deste volume en concreto, varían dende a natureza, ós animais, a paisaxe, a localización, o espazo, as cores, as distintas formas, as cantidades…entre outros.

—————————————————————
O deseñador, seguidor de Sabuda, o gran mestre do pop-up, e de Anton Radevski, personaxe clave do libro móvil en Bulgaria, cre que dos puntos destacables da colección, aparte do deseño e da enxeñería, ós que adicou preto de dous anos, son o colorido das ilustracións e a complicidade que cada libro establece co lector. “Se trataba no sólo de montar un pop-up,sino de crear un escenario de juego, en el que los niños pudieran incluir sus propios juguetes”, según o propio artista.

Source: primeiras lecturas

2017-05-19T09:24:36+00:00 30 / 04 / 2017|Primeiras Lecturas|