La memoria secreta de las hojas

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/La memoria secreta de las hojas

La memoria secreta de las hojas

Publica Paidós este libro de Hope Jahren baixo o título La memoria secreta de las hojas, onde a autora nos fala de botánica dun xeito ameno, e onde deixa moi claro algo que deberiamos saber sobradamente na nosa terra: o país é verde se chove, senón, imposible. Pero aínda así temos que escoitar tantas veces que “xa está ben de tanta chuvia”. Quizais sexa este un libro que debera ler a xente para entender un pouco mellor a natureza que nos rodea e para aprender a respectala. Asemade, o libro é unha autobiografía onde a autora fala das súas lembranzas como científica e da paixón que sente pola botánica. Aquí, biografía e ciencia son unha mesma cousa. Ela é a semente do seu propio pai, e ela tenta que a semente do amor á natureza prenda no seu lectorado.
De seguro que o conseguirá.
Hope é a única muller que gañou a Medalla para Xoves Investigadores en Ciencias da Terra. No libro tamén fala das dificultades de ser muller e investigadora. Que raro!
 


Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2018-03-15T22:22:00+00:00 15 / 03 / 2018|Trafegando ronseis|