La chica miedosa que fingía ser valiente muy mal

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/La chica miedosa que fingía ser valiente muy mal

La chica miedosa que fingía ser valiente muy mal

Esperaba, supoño, outro libro moi diferente deste antes de comezalo por ser moi fan da súa autora, Barbijaputa, e a pesar do estrañamento inicial, o libro gustoume. Falo de La chica miedosa que fingía ser valiente muy mal publicado por Aguilar. O libro resulta moi sinxelo de ler e non se fai para nada longo, xa que o importante é o contido e por iso non topamos unha prosa chea de florituras, o que si temos é ironía, humor, denuncia social, política e moito feminismo. Esta parte é a máis importante e conséguese que forme parte dunha historia de amor de xeito natural, dun xeito eficiente. A moza protagonista é máis que crible: afoga entre a seguridade exterior, con ideas moi claras, e as fraquezas interiores que a agobian e que pretende ocultar… ata que no pode máis. De aí o título, posto que a esta muller está chea de inseguridades, de medos, de decepcións… O normal nunha moza nova. Como o é o feito de estar namorada e pensar que todo pode derrubarse se ese amor fracasa, porque o amor é o que sostén a vida, non a propia persoa. De aí xorde o conflito.
Paga a pena recalar nos personaxes que pululan arredor da protagonista, sobre todo a figura do pai, moi chamativa, e as amizades que vai facendo polo camiño.
Por suposto, a autora aproveita para deitar crítica social nas súas páxinas, ferímonos coas aristas que nos ensina e aprendemos coas súas referencias feministas: así que acertamos de pleno ao escollela como lectura dos nosos clubs de lectura feministas.


Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2018-02-10T17:21:00+00:00 10 / 02 / 2018|Trafegando ronseis|