La bailarina sin corazón

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/La bailarina sin corazón

La bailarina sin corazón

Nahir Gutiérrez e Iván Harón constrúen unha historia moi emotiva que publica Mueve tu lengua: La bailarina sin corazón conta como unha nena nace cunha cardiopatía que lle impedirá levar a cabo o seu soño… pero hai moitos soños que cumprir! A protagonista representa unha realidade cotiá: a cantidade de veces que temos que recuperar as forzas para seguir adiante porque non saíu aquilo que nós quereriamos para as nosas vidas. De aí que o final da historia sexa un alento de esperanza, unha reinvención persoal para non nos centrar nunha soa cousa que quizais sexa imposible e ter a capacidade de non permitir que este imposible non nos escravice.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2020-03-25T12:10:00+00:00 25 / 03 / 2020|Trafegando ronseis|