Kukas estrea en salas Réquiem por un monicreque

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/Kukas estrea en salas Réquiem por un monicreque

Kukas estrea en salas Réquiem por un monicreque

Logo de o presentar no Festea de Ferrol o pasado mes de outubro, Monicreques de Kukas estrea este 11 de xaneiro no Salón Teatro de Compostela a xira en salas do seu último traballo. Réquiem por un monicreque adapta o texto co que Roi Vidal Ponte se fixo co XII Premio Barriga Verde de Teatro para Monicreques na modalidade de obras para adultos. A obra “parte dun suceso histórico operístico (un crime sucedido na Scala de Milán en 1968 ao finalizar a representación de Romeo e Xulieta) para indagar na relación entre o escénico e o extraescénico, homenaxeando os oficios técnicos do teatro e observando o rol do espectador de xeito provocador e irreverente”, segundo explica a presentación da montaxe. Miguel Cabaleiro, Isabel García, Borxa Insua e o propio Marcelino de Santiago Kukas encárganse da manipulación dos bonectos nesta obra.

A montaxe, dirixida por Isabel Rei poderá verse na sede compostelá do Centro Dramático Galego do 11 ao 14 de xaneiro (de xoves a sábado ás 20:30 horas e o domingo ás 18 horas, ademais de ofrecer dous pases matinais para centros escolares o xoves e o venres.

Vídeo de presentación de Réquiem por un monicreque

Vídeo promocional da obra

Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|