Kalandraka con Bata

Kalandraka con Bata

 Recibir un paquete con libros é unha das cousas que máis ilusión me fai e fixo sempre. Recoñezo que o último ano provocou en min unha apatía lectora nunca antes coñecida, pero tento volver á lectura pouco a pouco, sabendo que a dor que aínda me posúe provoca que a maior parte dos libros non consigan apaixoarme.
Per ver traballos coma estes nos que os libros converten linguaxe en pictogramas para que problemas de lectura desaparezan, e que se publiquen na nosa lingua, devólveme un pouco de esperanza e de futuro.
Son dous libros moi diferentes pero con esta característica común: A posibilidade de aprendizaxe na nosa lingua para a infancia e para quen ensina en pictogramas. Falamos  d’ A verdadeira historia da Carapuchiña Vermella, en versión de Antonio Rodríguez Almodóvar e ilustracións a cargo de Marc Taeger, por unha banda, e de Nicolás cociña sen lume, con ilustracións de Alicia Suárez, publicados por Kalandraka, claro. Xa coñeciamos os libros, unha historia da Carapuchiña e un libro de receitas. Libros que agora teñen unha nova dimensión.
De seguro, terán moita aceptación.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-10-05T11:41:00+00:00 05 / 10 / 2019|Trafegando ronseis|