Instrucciones para leer tu cuerpo como un mapa

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/Instrucciones para leer tu cuerpo como un mapa

Instrucciones para leer tu cuerpo como un mapa

Recibín un agasallo inesperado que me emocionou pola súa estética, un libro de poesía de Jenaro Talens que leva por título Instrucciones para leer tu cuerpo como un mapa e que está traducido ao galego por Chus Pato, pero que sobre todo destaca pola súa edición: a editorial é Segundo Santos Ediciones e publica de xeito artesanal, paga moito a pena coñecer algún dos seus traballos; papel feito a man de liño e algodón libre de ácido. Este libro que nos ocupa en particular conta coas acuarelas de Luís Vidal e mesmo aporta páxinas despregables para goce dos sentidos e da estética. O poemario é “un diálogo con Paul Celan” ,  unha declaración de amor realizada en nove poemas que falan de sexo, paixón, desexo, amor.

Deixa que as miñas palabras acalmen no teu ventre.
Despois de trocadr os nosos silencios, tras a canseira do pracer,
de volta á rutina misteriosa que sucede ao amor,
as letras do teu nome baterán alas nos teus ollos pechos,
coma enruga dunha luz que convide a habitar o soño e o repouso…

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2018-01-13T16:32:00+00:00 13 / 01 / 2018|Trafegando ronseis|