Adaptación (autorizada polo autor) do relato homónimo de Séchu Sende incluído no libro “Made in Galiza”, feita ao estilo das curtas documentais educativas estadounidenses dos anos 50 e 60 do século XX coñecidas como “ephemeral films”. Os temas musicais están extraídos de varias delas, tituladas “Ingenuity in Action”, “Gossip”, “The Relaxed Wife” e Cool Hot Rod”, todas elas hoxe de dominio público e que se poden descargar libremente de Archive.org. Adaptación e dirección por Matías Nicieza.
Source: TRAFEGANDO RONSEIS