Hipertextos 011/2019: «O bosque dos cromosomas» de Olga Novo

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/Brétemas/Hipertextos 011/2019: «O bosque dos cromosomas» de Olga Novo

Hipertextos 011/2019: «O bosque dos cromosomas» de Olga Novo

A serie de artigos da sección «O bosque dos cromosomas» que publica Olga Novo no Luzes dixital é o máis fermoso que se pode ler cada mes na rede en galego. Pezas como «A medida do amor» ou «A vitoria do amor» son marabillosas e emocionantes alfaias da memoria de lectura hipnótica. Olga Novo escribe cada quince días os capítulos dun libro extraordinario sobre a nosa orixe e sobre como se forxa a nosa identidade complexa. Textos literarios de moitos quilates. Recomendo cen por cen. Unha fortuna para Luzes e para o seu lectorado (que sabemos cada vez máis numeroso e fidelizado). Beizóns, Olga!

Source: BrétemasBrétemas

2019-01-11T15:44:30+00:00 11 / 01 / 2019|Brétemas|