Había unha vez un neno, de Dub Leffler

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Había unha vez un neno, de Dub Leffler

Había unha vez un neno, de Dub Leffler

Habia-unha-vez-un-neno-capa-alvarellos-verdemar(1)Dub Leffler

Había unha vez un neno (tradución de Marta Pérez e Quique Alvarellos, coa supervisión de María Reimóndez)

Alvarellos Editora, colecc. Verdemar, 76 páxinas, 18,90 €, 2019

 

Ilustrado e escritor polo autor austrialiano Dub Leffler, Había unha vez é un neno é un álbum ilustrado infantil que destaca por incorporar un corpus de ilustracións que xoga acaidamente coa perspectiva e o cromatismo do mar ou dos espazos abertos naturais, por unha banda,  e os expresivos primeiros planos dos dous personaxes que protagonizan o fío narrativo pola outra. Personaxe que son un neno solitario que vive nunha illa deserta e unha nena que fai a súa aparición posteriormente e que desata un conflito resolto con pericia.

Leffler articula unha historia marcada pola vivencia da soidade, polo que significa a amizade e tamén polas consecuencias que se pode derivar cando a un o vence a curiosidade para concluír na relevancia que supón o feito de establecer unha liña marcada pola empatía, por reconciliarse e compartir. Faino, talvez, con diversos niveis de lectura -velaí como o símbolo do corazón roto é susceptible de múltiples lecturas-, movéndose no gume que separa o universo da maxia do realista para centralizar o contido en aspectos que levan a cabo os protagonistas: non interesa o antes nin o despois, nin tampouco hai lugar para explicacións racionais: o relevante sempre son os camiños que os sentimentos ditan.

 

 

 

Source: Caderno da crítica

2019-07-18T08:51:00+00:00 18 / 07 / 2019|Caderno da crítica|