Gonzalo Hermo faise co XIII Premio de Narrativa Breve Repsol coa obra ‘Diario dun enterro’

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/Gonzalo Hermo faise co XIII Premio de Narrativa Breve Repsol coa obra ‘Diario dun enterro’

Gonzalo Hermo faise co XIII Premio de Narrativa Breve Repsol coa obra ‘Diario dun enterro’

Un dos autores máis relevantes da poesía galega dos últimos anos, Gonzalo Hermo, é o novo gañador do Premio Narrativa Breve Repsol, que cada ano promove a empresa de enerxía e a Consellería de Cultura. A obra “Diario dun enterro” será publicada nos vindeiros meses pola editorial Galaxia e o autor recibirá 12 mil euros en metálico.

O xurado composto por Anxos Sumai, Carlos Lema, Euloxio Ruibal, Berta Dávila e Dolores Vilavedra, salientou a “sinxeleza estrutural e o estilo depurado da novela, que afonda nun tema universal como son os rituais da morte e o seu impacto nos roles familiares para debuxar un personaxe protagonista que asume unha oposición ás identidades tradicionalmente atribuídas á súa orixe”.

Source: Letra en Obras

2019-09-25T15:23:16+00:00 25 / 09 / 2019|Letra en Obras|