Galaxia e o IES Ribeira do Louro convocan o Iº Premio Roberto Vidal Bolaño

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/Galaxia e o IES Ribeira do Louro convocan o Iº Premio Roberto Vidal Bolaño

Galaxia e o IES Ribeira do Louro convocan o Iº Premio Roberto Vidal Bolaño

O prazo de presentación de texto para o Iº Certame de textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño está xa aberto ata o 1º de abril de este ano. Este novo certame convocado polo IES Ribeira do Louro e Editorial Galaxia co nome do desaparecido dramaturgo nace da necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. A convocatoria que este ano da o seu primeiro paso de estrea terá como finalidade crear un fondo de textos susceptibles de ser representados en escena por alumnado do ensino secundario. As bases piden textos en lingua galega, de tema e extensión libre e coa clara finalidade de ser representados por estudantes de secundaria. O premio constará dun diploma acreditativo e a edición e publicación da obra gañadora a cargo da Editorial Galaxia. Un xurado conformado pola Equipa de Dinamización da Lingua Galega do IES Ribeira do Louro, profesionais do teatro e un representante da Editorial Galaxia.<br>
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|