Finou o poeta Álvarez Torneiro, unha luz de facer memoria

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/Finou o poeta Álvarez Torneiro, unha luz de facer memoria

Finou o poeta Álvarez Torneiro, unha luz de facer memoria

Este mércores coñeceuse a nova da morte dun dos poetas máis destacados da nosa literatura: Manuel Álvarez Torneiro. O autor coruñés, que tiña 87 anos de idade, publicou a súa primeira obra en 1982: Memoria dun silencio. Dende aquela chegaron ás librarías outros títulos que o confirmarían como un dos cumios da poesía galega do seu tempo, entre eles obras tan extraordinarias como Luz de facer memoria ou Os ángulos da brasa, obra que o converteu en 2013 no primeiro poeta en lingua galega que recibiu o Premio Nacional de Poesía.

Deixámosvos esta espléndida entrevista-documental gravada pola TVG en 2014 onde o autor revisa a súa vida e obra.

Source: Letra en Obras

2019-10-09T10:33:05+00:00 09 / 10 / 2019|Letra en Obras|