Finou o escritor Isidro Novo

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/Finou o escritor Isidro Novo

Finou o escritor Isidro Novo

O autor lugués Isidro Novo finou esta quinta feira aos 66 anos de idade. Aínda que comezou a publicar xa na madurez, deixa tras de si unha obra notable, especialmente vizosa no eido narrativo (Carne de can, Por unha presa de machacantes ou Escuro rumor tralo silencio, entre moitas outras) mais tamén con incursións destacadas na poesía (Dende unha nada núa, Esteiro de noites falecidas e CO2) e incluso na LIX  (Teaza de brétema).

Tamén é de salientar o seu traballo como colaborador radiofónico e articulista en xornais. Na actualidade coordinaba no semanario Sermos Galiza a sección ‘Palabras con memoria’.

Deixámosvos un pequeno vídeo no que hai dez anos explicaba como foran os seus principios como escritor.

Source: Letra en Obras

2018-02-01T12:52:46+00:00 01 / 02 / 2018|Letra en Obras|