Filmografía de Marguerite Duras: Un berro na noite

Inicio/INFORMACIÓN/Palavra Comum/Filmografía de Marguerite Duras: Un berro na noite

Filmografía de Marguerite Duras: Un berro na noite

Na noite, os amantes rotos que desexan pousar os seus beizos nos beizos do outro e se configuran nunha epifanía que os descompon, achánse sós. É por iso que aquí non haberá beixos. Xa non son eles, elas, senón un nós que nunca chega a pronunciarse. Porque a morte dos amantes e aquela do salón baleiro sen danza, sen abrazos, sen miradas que atravesen o espazo. Non existe tempo para eles, abocados á morte, á noite. Nesta atmósfera de perda os corpos existen por e para eles mesmos e deixan de ser elementos que proclaman a anti-materia. Así o pensamento abócaos ao discurso amoroso inexistente, ese que se manifesta nas palabras que firen nunha descomposición total e absoluta porque nunca foron pronunciadas.
Source: Palavra comum

2019-10-29T07:06:00+00:00 29 / 10 / 2019|Palavra Comum|